Dereito Mercantil

Societario / Contratación Mercantil

Contamos con avogados cun alto grado de especialización, con capacidade e ampla experiencia no asesoramento a empresas de primeiro nivel en todo tipo de asuntos societarios e que actúan de xeito coordinado cos nosos especialistas en dereito fiscal para lle dar o mellor servizo ao cliente.

+ Asesoramento na constitución de todo tipo de sociedades mercantís e na súa actividade posterior ata a súa liquidación (incluíndo no ámbito societario ampliacións de capital e calquera tipo de modificacións estatutarias, estrutura dos órganos de goberno etcétera).

+ Deseño e aplicación de toda clase de estruturas societarias, así como reorganización e reestruturación de toda clase de grupos de sociedades.

+ Asesoramento sobre goberno corporativo.

+ Asesoramento en materia de responsabilidade de administradores.

+ Asesoramento en todo tipo de contratos mercantís.

M&A

Os nosos especialistas en dereito mercantil, en colaboración cos nosos especialistas en dereito fiscal, teñen participado e dirixido numerosas operacións de fusión e adquisición tanto nacionais como internacionais.

+ Due diligence de compra e venda.

+ Deseño da estrutura máis adecuada para a operación, tanto desde o punto de vista mercantil como de eficiencia fiscal.

+ Redacción dos documentos en que se sustenta a transacción (acordo de confidencialidade, contrato de compravenda, acordos de socios, modificacións estatutarias).

+ Asesoramento na negociación e closing da transacción.

Capital Risco

Da man dun equipo multidisciplinar ofrecémoslles a sociedades e fondos de capital risco un asesoramento completo, tanto a efectos da súa constitución como da súa actividade.

+ Asesoramento na constitución de sociedades e fondos de capital risco.

+ Deseño e estrutura fiscal das operacións propias de sociedades e fondos de capital risco.

+ Asesoramento na redacción, negociación e peche tanto dos contratos mercantís en que se recolla a transacción como dos contratos de financiamento da mesma.

+ Asesoramento nos procesos de saída e desinvestimento.

Reestruturacións e insolvencias

A nosa firma conta con avogados especializados no asesoramento a empresas en crise, pois ten participado en múltiples e relevantes operacións de refinanciamento e concursos de acredores durante os últimos anos.

+ Asesoramento en operacións de refinanciamento e reestruturación de débeda.

+ Asesoramento en concurso, incluída toda a súa tramitación e a tutela da relación cos administradores concursais.

+ Asesoramento en materia de responsabilidade de administradores en procedementos de insolvencia.

Dereito financeiro e do mercado de capitais

Financeiro

Financiamentos de corporativas, financiamentos de adquisición, financiamento de proxecto e operacións de refinanciamento.

Somos un dos poucos despachos con sede en Galicia que conta con verdadeiros especialistas en dereito financeiro. O noso equipo ten asesorado tanto empresas como entidades financeiras nalgunhas das principais operacións de financiamento e refinanciamento pechadas en Galicia nos últimos anos.

+ Deseño da estrutura de financiamento ou refinanciamento máis axeitada desde o punto de vista xurídico e elaboración do correspondente Term Sheet da operación.

+ Asesoramento na redacción e negociación dos contratos de financiamento e garantías.

+ Asesoramento no closing da operación.

Mercado de capitais

Os nosos especialistas en banca e mercado de capitais participaron en múltiples operacións de emisión, tanto a mercados oficiais como a sistemas multilaterais de negociación tales como o MARF ou o MAB.

+ Asesoramento en todo o proceso vinculado a operacións de emisión, incluíndo MARF ou MAB, así como na relación co mercado en cuestión e CNMV.

+ Asesoramento na redacción do conxunto de documentación, incluíndo solicitude de incorporación, documento informativo / folleto informativo, contratos de colocación, axencia de pagamentos etcétera.

+ Asesoramiento en la redacción del conjunto de documentación, incluyendo, solicitud de incorporación, documento informativo / folleto informativo, contratos de colocación, agencia de pagos, etc.

Dereito fiscal

Acreditado

Somos un despacho especialmente acreditado na práctica tributaria, que conta cun grupo de avogados especialistas procedentes de despachos internacionais de primeiro nivel, de entidades financeiras e da docencia universitaria. Actuamos con equipos de traballo expertos en fiscalidade das empresas e dos patrimonios familiares, prestando servizos de asesoramento fiscal, principalmente de planificación estratéxica e defensa dos contribuíntes fronte á Administración.

Ofrecemos

+ Fiscalidade xeral.

+ Asesoramento fiscal recorrente a persoas físicas e xurídicas.

+ Representación en procedementos tributarios perante calquera das administracións fiscais.

+ Dirección letrada en procesos contencioso-administrativos de índole tributaria.

+ Delitos contra a facenda pública.

+ Planificación fiscal de patrimonios familiares.

+ Planificación fiscal das sucesións.

+ Fiscalidade das operacións inmobiliarias.

+ Planificación en operacións de reestruturacións societarias.

+ Grupos de sociedades.

+ Planificación fiscal internacional.

+ Alfándegas e impostos especiais.

+ Formulación de consultas á Dirección Xeral de Tributos.

+ Prezos de transferencia (transfer pricing).

+ Due diligence fiscal.

+ Asesoramento contable.

Dereito procesual civil e penal

Resolución de conflitos

Os nosos avogados contan con ampla experiencia no asesoramento a clientes en situacións de conflito, en todos os ámbitos relativos á actividade empresarial: civil, mercantil, laboral, penal e administrativo.

Á hora de afrontar estas situacións de conflito, a nosa forma de actuar inclúe a formación de equipos multidisciplinares integrados por avogados especialistas en dereito procesual xunto con outros avogados do despacho especializados na rama do dereito correspondente segundo o asunto encargado (mercantil, financeiro, tributario ou calquera outra), sempre co propósito de darlles valor engadido aos nosos clientes tanto nas negociacións preliminares como, chegado o caso, durante o procedemento xudicial.

O coñecemento das singularidades de cada sector e de cada cliente (banca, pesca, automoción, hoteleiro, por exemplo) é esencial para poder ofrecer un asesoramento integral na resolución de conflitos.

Ofrecemos

Asesoramento precontencioso, negociación e acordos extraxudiciais;

Dirección letrada en procedementos xudiciais perante as xurisdicións civil, mercantil, social, contencioso-administrativa e penal (delitos económicos e medioambientais).

Accións de responsabilidade:

por culpa (contractual e extracontractual) e

  • Conflitos societarios:
    • impugnación de acordos sociais;
    • conflitos entre socios;
    • accións de responsabilidade fronte a administradores.
  • Contratación civil e mercantil:
    • reclamación de cantidades;
    • procedementos sobre validez, interpretación e execución de contratos civís e mercantís;
    • resolución e cumprimento de contratos mercantís (distribución, axencia, franquías, concesión etcétera);
    • arrendamentos e propiedade horizontal;
    • propiedade, transmisión, disposición e administración de bens inmobles.
  • Procesos de execución
    • execución en España de resolucións estranxeiras;
    • execución de garantías persoais e reais;
    • títulos xudiciais;
    • procedementos monitorio e cambiario.
  • Procedementos penais
    • delitos societarios;
    • delitos económicos (estafa, apropiación indebida, falsidade documental etcétera);
    • delitos contra os dereitos dos traballadores (en particular, nos accidentes de traballo);
    • delitos medioambientais.

Dereito marítimo, de transporte e seguros

Dereito marítimo

Contamos cunha extensa experiencia na xestión de asuntos relacionados co dereito marítimo, incluíndo tanto a esfera privada como a súa dimensión pública.

+ Asesoramento e asistencia na negociación de contratos (arrendamento de buques, frete e transporte marítimo de mercancías en réxime de coñecemento de embarque, pasaxe, remolque, consignación e de axencia), así como resolución de disputas derivadas dos mesmos;

+ Vendas marítimas internacionais e créditos documentarios;

+ Asistencia na negociación e deseño de contratos de construción, reparación, compravenda e financiamento de buques, incluíndo a súa exportación, importación, rexistro e abandeiramento;

+ Asesoramento precontencioso e resolución de disputas en materia de abordaxe, salvamento, remolque extraordinario, achados e extraccións marítimas, avaría grave, limitación de responsabilidade do navieiro e contaminación mariña;

+ Seguros marítimos (casco e P&I) e as especialidades derivadas da súa singularidade;

+ Expedientes administrativos sancionadores, con especial atención aos problemas derivados da pesca;

+ Asesoramento en materia de concesións e autorizacións portuarias, e en procedementos de responsabilidade patrimonial da Administración;

+ A náutica deportiva no relacionado co asesoramento e asistencia para a solución de disputas na navegación de recreo; compravenda, financiamento e abandeiramento de iates; accidentes, seguro e responsabilidade civil.

Transporte e comercio internacional

Os nosos especialistas asesoran actualmente un importante número de empresas dedicadas ao transporte e á loxística, tanto nacional como internacional, ou cuxa actividade implica a realización de operacións comerciais internacionais.

+ Asesoramento para a contratación e para a resolución de disputas relativas ao transporte por estrada, loxística, depósito e manipulación de mercadorías.

+ Asesoramento en materia de alfándegas, tránsitos e outros procedementos administrativos derivados da actividade do transporte.

+ Contratos de intermediación no transporte.

+ Contratos de compravenda internacional de mercadorías, aplicación de INCOTERMS©, e resolución de problemas de dereito internacional privado.

Seguros

Temos unha ampla experiencia en todo o relacionado co contrato de seguro e actualmente asesoramos tanto a asegurados como a compañías aseguradoras. Alén dos seguros marítimos, a nosa experiencia abarca seguros de danos, responsabilidade civil, responsabilidade medioambiental e de directivos e administradores (D&O).

+ Asesoramento na fase precontractual estudando os contratos e ofertas dispoñibles co fin de realizar unha valoración e recomendacións relativas á elección de pólizas e compañías;

+ En materia de sinistros, asesoramos de xeito preventivo contribuíndo a establecer sistemas e protocolos de evitación de sinistros ou de xestión dos mesmos, e, con posterioridade ao seu acaecemento, na investigación e tramitación dos sinistros ata a súa liquidación;

+ Asesoramento e solución de disputas xurdidas na liquidación dos sinistros;

+ Accións de recobro ou repetición dos aseguradores.

Dereito administrativo e sector público

Dereito administrativo

Dispomos dun equipo con acreditada experiencia no ámbito público para prestar asesoramento xurídico especializado indistintamente tanto a administracións e organismos públicos (concellos, mancomunidades etcétera) como a empresas, asociacións empresariais, fundacións e particulares nas súas relacións coa Administración pública.

Ofrecemos:

Dereito administrativo:

Asistencia xurídica na tramitación de expedientes administrativos de toda índole:

  • Solicitude, tramitación e obtención de autorizacións, licenzas, comunicacións previas e permisos administrativos de toda clase: augas, minas, montes, costas, medio ambiente;
  • Contratación e licitacións públicas;
  • Procedementos de reintegro de subvencións e axudas;
  • Dereito sancionador: infraccións e sancións;
  • Responsabilidade patrimonial das Administracións públicas;
  • Expropiacións e procedementos de reversión;
  • Medio ambiente;
  • Bens de dominio público: costas, augas, montes, patrimonio histórico-artístico e cultural etcétera.

Dirección letrada en procesos administrativos e contencioso-administrativos de toda clase.

Función pública e outros réximes de emprego público: disciplinarios, retributivos, selección de persoal e provisión de postos de traballo.

Administracións públicas

Ofrecemos servizos especializados para as administracións públicas, así como para todos aqueles organismos e entidades que forman parte do sector público, que comprenden:

O asesoramento xurídico especializado en todos os ámbitos do dereito administrativo: elaboración de proxectos normativos, informes xurídicos e ditames diversos (redacción, modificacións, interpretación e resolución de contratos, preparación de pregos de cláusulas administrativas e documentos preparatorios etc.) facilitando o apoio técnico necesario para a toma de decisións que aseguren o correcto cumprimento da lexislación por parte da Administración, e evitando eventuais litixios, prexuízos ou responsabilidades.

A representación e defensa xurídica das Administracións nos procedementos contencioso-administrativos perante os xulgados e tribunais de xustiza por parte de profesionais especializados en dereito administrativo e a súa práctica contenciosa.

A auditoría xurídica para Administracións públicas mediante a análise legal e avaliación dos procedementos e prácticas administrativas que permitan descubrir deficiencias ou irregularidades nas distintas áreas da Administración, así como determinar os plans de mellora.

Dereito inmobiliario e urbanismo

Contamos cun equipo de profesionais con ampla experiencia no asesoramento xurídico nas distintas áreas propias da actividade inmobiliaria (compravenda de todo tipo de inmobles e sociedades inmobiliarias, arrendamentos, contratos de promoción e construción, financiamento inmobiliario e constitución de garantías etcétera), e tamén nos procedementos de elaboración e tramitación do planeamento urbanístico, xestión, execución e disciplina urbanística, prestando asesoramento tanto a clientes privados (empresas e particulares) como a Administracións públicas.

Este servizo especializado compleméntase con outras áreas do despacho dedicadas en exclusiva ás restantes especialidades xurídicas que poden verse afectadas en materia inmobiliaria e urbanística: fiscal, civil e penal fundamentalmente.

Como parte esencial para o completo desenvolvemento de calquera actividade inmobiliaria (empresarial ou de particulares), o noso equipo realiza un estudo do planeamento urbanístico en vigor analizando todas as alternativas viables para a obtención do máximo e mellor aproveitamento urbanístico posible, e tamén para a comprobación de que os inmobles ou proxectos cumpren a correspondente normativa aplicable, tanto urbanística como sectorial: costas, montes, patrimonio etcétera.

As principais áreas de práctica do departamento son:

  • estudo e redacción de todo tipo de contratos inmobiliarios: compravenda, arrendamentos, cesións de uso, promoción, construción, financiamento etcétera;
  • acompañamento legal para a correcta execución de trámites perante o Rexistro da Propiedade e a notaría;
  • intervención na edificación e uso do solo: asesoramento na preparación de comunicacións previas e obtención de licenzas de construción e de calquera título urbanístico esixible (de ocupación, funcionamento etcétera);
  • procedementos de reposición da legalidade urbanística: denunciante/denunciado;
  • procedementos de legalización;
  • procedementos sancionadores en materia urbanística;
  • reclamacións de responsabilidade patrimonial ás Administracións públicas como consecuencia da anulación de licenzas ou do planeamento urbanístico.

Dirección letrada en procesos contencioso-administrativos, civís e penais relativos a todas as áreas relacionadas co urbanismo, a construción e o sector inmobiliario en xeral.

Dereito laboral

Dereito do traballo

Contamos con avogados cun alto grado de especialización, con capacidade e ampla experiencia no asesoramento a empresas de primeiro nivel en todo tipo de cuestións propias das relacións laborais entre o empresario e o traballador.

+ Asesoramento e dirección letrada en litixios de índole laboral: despedimentos, extincións, reclamacións de cantidades, modificacións substanciais de condicións de traballo, conflitos colectivos e calquera outro asunto de índole laboral propio da actividade diaria da empresa;

+ Asesoramento na redacción e interpretación de contratos de traballo;

+ Asesoramento e planificación en medidas de flexibilización de condicións de traballo e optimización dos recursos;

+ Réxime disciplinario e sancionador.

Seguridade Social

Os nosos especialistas en dereito laboral prestan asesoramento personalizado en cuestións de seguridade social e prevención de riscos laborais.

+ Estudo e asesoramento en procesos de incapacidade, tanto temporal como permanente: tramitacións e posibles impugnacións;

+ Medidas de xubilación, tanto ordinaria como anticipada ou parcial.

Prevención de riscos

+ Asistencia e seguimento dos plans de prevención de riscos e saúde laboral para pemes e grandes empresas.

+ Asesoramento e asistencia fronte aos requirimentos de inspección de traballo.

+ Xestión inmediata de accidentes de traballo: defensa xurídica no ámbito laboral e administrativo, en coordinación cos responsables da área penal.

+ Asesoramento e defensa en procesos de recargo de prestacións.

Reestruturacións de persoal

Os nosos especialistas en dereito laboral xunto cos nosos especialistas en dereito fiscal teñen participado e dirixido numerosas operacións de reestruturación de persoal e de redistribución patrimonial en distintos grupos de empresa.

+ Asesoramento en operacións de reorganización do cadro de persoal.

+ Due diligence laboral; estudo da adaptación da empresa á normativa laboral, con recomendacións para a mellora no cumprimento.

Procesos colectivos

+ Negociación colectiva; asesoramento en redacción e negociación de convenio propio de empresa, así como de pactos internos de regulación específica adheridos ao convenio de aplicación.

+ Asesoramento e negociación de medidas colectivas como ERES, modificacións substanciais de condicións ou traslados colectivos.

Concursos de acredores

A nosa firma conta con avogados especializados no asesoramento a empresas en crise, pois ten participado en múltiples e relevantes operacións de expedientes de regulación de emprego e concursos de acredores durante os últimos anos.

+ Asesoramento en concurso, tramitación de expedientes de regulación de emprego así como de extincións individuais e demais incidencias de natureza laboral dentro do procedemento concursal.