Somos avogados,
especialistas en dereito de empresa

Especializados

Somos un despacho de avogados especialistas en dereito de empresa.

Contamos cun equipo de avogados novos que, por experiencia e formación, ofrece un servizo profesional e cun alto nivel de especialización, que lles dá solucións xurídicas innovadoras aos nosos clientes.

Innovadores

A nosa experiencia profesional permitiunos consolidar un despacho cun perfil constantemente innovador, áxil e flexible, e en permanente procura da excelencia no servizo.

Investimos na xestión do coñecemento do noso equipo e na formación continua dos nosos profesionais co obxectivo de darlles un servizo integral aos nosos clientes, alén de achegar verdadeiro valor engadido a proxectos relevantes en todos os sectores do ámbito empresarial.

Temos un obxectivo

O noso obxectivo é manternos como o despacho de referencia en Galicia para o asesoramento, a planificación estratéxica e a resolución de conflitos xurídicos e tributarios no ámbito empresarial.

Comprometidos

A nosa firma preocúpase por superar as expectativas dos nosos clientes, aspirando a manter vínculos estables no tempo, relacións recorrentes, que nos converten na práctica no colaborador legal das empresas ás que lles prestamos os nosos servizos.

Somos flexibles, e adaptámonos a cada un dos nosos clientes e ás suas necesidades, segundo as circunstancias de cada momento.

Somos Atlánticos

Desde as nosas oficinas de Vigo e A Coruña prestamos asesoramento principalmente en Galicia e no norte de Portugal. Tamén acompañamos e asesoramos os nosos clientes en operacións e negocios de ámbito nacional e internacional.

Asine a nosa newsletter e recibir novas do seu interese no seu correo electrónico