Fernando González GómezAsociada Senior

Fernando desenvolveu a súa carreira profesional tanto no sector público (administración local) como tamén no sector privado, pois foi socio fundador e director da firma especializada en dereito administrativo e sector público LEXVAL Avogados desde o ano 2010 ata a integración do despacho en On Tax & Legal, no ano 2017, coa creación do Departamento de dereito administrativo e sector público e do Departamento de dereito inmobiliario e urbanismo. Previamente traballara durante seis anos no Departamento de dereito administrativo e urbanismo da firma Martínez Barros & Narbón.

Desde o inicio da súa carreira como avogado, a actividade profesional de Fernando xirou ao redor de todas as facetas do dereito administrativo na súa dupla vertente: asesoramento e defensa letrada de administracións e organismos públicos, e tamén de particulares e empresas privadas, tanto no ámbito colectivo como individual.

Actualmente é membro do Foro de Urbanismo e Infraestruturas (FUI) do Círculo de Empresarios de Galicia.

Fernando fala español, inglés e italiano e é:

Licenciado en dereito
Universidad de Salamanca, 2002
Università degli Studi di Bologna (Italia), 2000-2001

Mestrado en Negocios Internacionais (MIB)
Escola de Negocios Caixanova (actualmente IESIDE Business Institute), 2008-2009